Tuesday 23 de April de 2024

O XVI Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades reuniu a preto de sesenta veciños e veciñas


 

A edición número dezaseis do Campionato Municipal de Pesca Infantil de Frades reuniu esta fin de semana a preto de sesenta veciños e veciñas, de entre eles uns trinta nenos e nenas menores de 16 anos que tomaron parte do torneo. Un campionato que este ano cambiou de emprazamento, deixando a tradicional área recreativa do Muíño de Campoduro (Céltigos) pola área recreativa da piscina municipal (Papucín).

O campionato comezou ás 10:00 horas do pasado sábado e todos os nenos e nenas participantes levaron cando menos unha peza para a súa casa. Así mesmo, tamén levaron unha medalla conmemorativa e unhas lambonadas, que lles foron entregadas polos concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro; Xuventude, Juan Carlos Portos; e Piscina Municipal, Jesús Francos. O campionato rematou cun pequeno almorzo a base de empanada e bolos para repoñer forzas.